- Co remanente de tesourería reforzáronse os capítulos 1, 2, 3, 4 ,6 e 9 do presuposto deste ano
- As subvencións concedidas por la Xunta permitiron ao Concello gastar menos do previsto
Valga, 22 de outubro de 2019.
A conta xeral do Concello correspondente ao exercicio 2018, que a semana pasada foi aprobada polo Pleno, pechouse cun remanente de tesourería de 337.857’21 euros.
Estes fondos foron incorporados xa polo goberno municipal aos orzamentos deste ano 2019 e distribuídos entre diferentes partidas. Entre as máis importantes, destacan os 109.089’24 euros incorporados ao capítulo 3 do presuposto en vigor, pero se reforzaron os capítulos 1,2,4,6 e 9.
O alcalde, José María Bello Maneiro, explica que “as xestións realizadas polo equipo de goberno para conseguir subvencións de diferentes Consellerías da Xunta de Galicia permitiron ao Concello gastar menos do presupostado inicialmente” e, deste xeito, pechar as contas con superávit.