Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Esta tarde, a partir das 17:45 horas, pode verse na Casa da Cultura de Valga a película de Disney “Vaiana”

- A asociación de pais de alumnos promove tamén o día 30 unha solta de lanternas de papel no Parque Irmáns Dios Mosquera

cine2

Valga, 28 de decembro de 2017.

O Cine Forum organizado pola asociación de pais e nais de alumnos do colexio Baño-Xanza coa colaboración do Concello de Valga deu comezo na tarde de onte na Casa da Cultura de Valga coa proxección do filme de animación “¡Canta!”.

A actividade, que quere favorecer a conciliación familiar durante as vacacións escolares de Nadal, prolóngase ata o vindeiro sábado cunha proxección por día. Esta tarde poderá verse de xeito gratuíto a película de Disney “Vaiana”, mañá venres será o turno de “El Libro de la Selva”, con Mowgli e os seus amigos e, para finalizar, o sábado 30 de decembro os asistentes poderán divertirse coa comedia “Una noche en el museo”. As proxeccións, con entrada libre para todas as persoas que queiran asisitir, están programadas para as 17:45 horas, coa excepción da de mañá venres, que dará comezo ás 18:30.

Para o día 30, unha vez rematada a película, a ANPA do CEIP de Baño fai outra proposta para celebrar o Nadal e recibir ao ano novo. Arredor das 20 horas no Parque Irmáns Dios Mosquera terá lugar unha solta de lanternas de papel, globos que ascenden co calor dunha vela e que iluminarán o anoitecer de Valga.

cine

Volver