Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As persoas interesadas en asistir poden inscribirse no Auditorio Municipal ou nas oficinas do Concello

- Estas actividades son gratuítas e organízanse en colaboración co Instituto Galego de Consumo

ACemit

Valga, 18 de outubro de 2019.

A Aula CeMIT ten programadas para as vindeiras semanas dúas novas actividades sobre os dereitos dos consumidores en relación aos servizos de gas e asistencia técnica.

O luns 28 de outubro, a partir das 10:30 horas, terá lugar o Seminario Web "Servizos de Gas”, promovido polo Instituto Galego de Consumo e Competencia. Con esta charla, preténdese facilitar os coñecementos básicos necesarios para comprender a factura do gas, para adoptar medidas de aforro no gasto e para realizar una reclamación nos diferentes supostos que se poidan presentar en relación á contratación dos servizos prestados polas compañías do gas.

Hai que ter en conta que cada vez son máis os servizos domésticos que utilizan gas para funcionar. Con todo, comprender como varía o mercado desta enerxía e o que se pode facer para optimizar o consumo aínda é algo difícil de comprender para moitos cidadáns.

Gas

A segunda actividade que ten fixada a Aula CeMIT é a videoconferencia “Servizos de asistencia técnica”, que se retransmitirá o día 4 de novembro dende a Escola Galega de Consumo entre as 12 e as 13 horas.

Na maioría dos seguros de fogar e de aparellos como caldeiras ou electrodomésticos adoita incluírse un servizo técnico de asistencia, cuxas utilidades moitas veces se desaproveitan por descoñecemento.

Nesta sesión profundizarase nos dereitos das persoas consumidoras en relación aos servizos de reparación de aparellos de uso doméstico e ofrecerase información en canto a orzamentos, resgardos de depósito, garantías e como reclamar no caso de que os citados dereitos se vexan vulnerados.

O prazo de inscrición para estas dúas conferencias está aberto e as persoas interesadas poden anotarse na propia Aula CeMIT, emprazada no Auditorio Municipal, ou por teléfono no Auditorio (986 556769) e no Concello (986 559456).

Asistencia técnica

Volver