- O quinto certame “As maiores tunas” incluíu un alegato en contra da violencia de xénero
- Os usuarios interpretaron cancións populares ao son de bandurrias, pandeiretas e harmónicas
Valga, 17 de outubro de 2019.
O Centro de Día de Valga celebrou esta mañá no Auditorio Municipal a quinta edición do Encontro “As maiores tunas”, que tivo como convidados aos usuarios doutros catro centros da contorna: os de Rois, Boiro, Vilagarcía e Portas.
Como se de auténticas tunas se tratara, os maiores vestiron chamativos disfraces con cintas de cores e interpretaron cancións populares como “Clavelitos”, “Cielito lindo” ou “Tuna compostelana” ao son das cunchas, pandeiretas, bandurrias e ata unha harmónica. Tanto eles como o público que os aplaudiu desfrutaron dunha xornada de ledicia e convivencia.
Nesta edición, o Centro de Día quixo facer un alegato en favor da igualdade e de repulsa á violencia de xénero, de aí que os usuarios valgueses levasen os seus traxes de tunos con cintas de cores violeta e rosa. Ademais, os agasallos que se entregaron a todos os centros participantes foron unhas bolboretas de tamén violetas.
A actividade contou coa asistencia da concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro.