Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Estes fondos serán incorporados ao orzamento deste ano 2019

- “O Concello de Valga ten débeda cero”, explicou o alcalde durante a sesión extraordinaria

Plenoextra Outubro19

Valga, 15 de outubro de 2019.

A Corporación municipal debatiu onte nun Pleno extraordinario e urxente a conta xeral correspondente ao exercicio 2018. O orzamento do pasado ano pechouse cun superávit de 337.857’21 euros, segundo explicou o alcalde, José María Bello Maneiro, durante a sesión. Estes fondos, anunciou, serán incorporados ao orzamento de 2019.

O presuposto de 2018 ascendía a 5,4 millóns de euros e o capítulo de ingresos pechouse en 5.391.983’ 47 euros. En canto ao capítulo de gastos, as contas pecháronse en 5.090.039’70. Bello Maneiro incidiu na xestión equilibrada dos orzamentos que se realiza no Concello de Valga, que “ten débeda cero”.

A conta xeral quedou aprobada cos votos a favor do grupo de goberno.

 

 

Volver