- O acto tivo lugar nas instalacións deportivas de Campaña depois de disputarse un partido amistoso entre o Furia e o Boiro
- O club conta con 16 xogadores, a maioría de categoría alevín
Valga, 29 de decembro de 2017.
Os xogadores do Furia Athletic Club recibiron na tarde de onte chándales sufragados polo Concello de Valga e co patrocinio da administración municipal.
A entrega tivo lugar nas instalacións deportivas de Campaña e correu a cargo do concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro Maneiro, unha vez rematado un partido amistoso que disputaron o Furia e máis o Boiro C.
O Furia AC conta cun total de dezaseis xogadores, a maioría de categoría alevín pero tamén tres benxamíns e dous infantís.
As mesmas prendas entregáronse hai unhas semanas aos distintos equipos de base do Cordeiro, tendo que retardarse a do Furia polo retraso do club á hora de entregar as solicitudes e concretar as tallas das prendas.