Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O tenente de alcalde, Román Castro, e a concelleira de Industria, Carmen Gómez, tamén acompañaron ao industrial na gala de entrega dos galardóns

- “O meu verdadeiro premio é o meu traballo, e os valores do esforzo e do sacrificio”, dixo o presidente de Extrugasa

GallegosAño1

Valga, 11 de outubro de 2019.

O empresario Andrés Quintá Cortiñas recibiu onte un dos premios Gallegos del Año que outorna o xornal El Correo Gallego. A gala de entrega, que se celebrou no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago, estivo presidida polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e a ela asistiron o alcalde, José María Bello Maneiro, o tenente de alcalde, Román Castro, e a concelleira de Emprego e Industria, Carmen Gómez, que aplaudiron os méritos que fixeron a Quintá merecedor do galardón.

Con máis de cincuenta anos de experiencia profesional, a súa empresa matriz, Extrugasa, é hoxe un referente mundial no sector na extrusión, acabado e mecanizado de perfilería de aluminio en sectores tan diversos como arquitectura, industria, automoción, aeronáutica ou naval.  A compañía asentada en Campaña conta cun plantel de máis de 700 traballadores e a súa actividade está baseada en proxectos de enxeñería e investigación tecnolóxica, innovando e diversificando, descubrindo novos mercados e recursos. Un exemplo é a súa aposta polo sector da acuicultura con plataformas para cultivos mariños a través da filial Extrumar.

Andrés Quintá, ao que o presidente da Xunta se referiu como “un emprendedor por anotonomasia”, recibiu o premio da man da conselleira do Mar, Rosa Quintana. No seu discurso de agradecemento dixo que “o meu verdadeiro premio é o meu traballo. Sigo sendo a mesma persoa: un modesto artesán convertido en industrial que tivo sempre como valores o traballo, o esforzo e o sacrificio para facer realidade un soño, un proxecto empresarial que hoxe leva o nome de Galicia e de España polos cinco continentes. Este galardón representa os meus 56 anos como industrial, nos que sempre tiven como obxectivo manter a empresa como un ente vivo e dotala do dinamismo que lle permitise adaptarse aos mercados. Quero compartilo con todas as persoas que me acompañaron ao longo da miña traxectoria profesional e que contribuíron a que o Grupo Quintá sexa hoxe un referente mundial no sector do aluminio”.

GallegosAño2 GallegosAño3

GallegosAño4 GallegosAño5

GallegosAño6 GallegosAño7

GallegosAño8

Volver