- O alcalde e os concelleiros de Cultura, Turismo e Benestar Social asistiron ao concerto, que se celebrou no Auditorio

- A Polifónica Santa Comba, organizadora do evento, cumpre a finais de ano o seu 25 aniversario

XIVCorais1

Valga, 8 de outubro 2019.

O Auditorio Municipal recibiu o sábado a catro agrupacións de Galicia e Asturias que participaron no XIV Festival de Outono de Corais, organizado pola Polifónica Santa Comba de Cordeiro. Ademais dos anfitrións, actuaron a Coral Abraira de Asados (Rianxo), a Rondalla de Cariño e a Polifónica de Tapia de Casariego.

Os rianxeiros de Abraira, dirixida por Xoán Xosé Rodríguez, interpretou as habaneras “Yo quiero ser marinero” e “Salió de Jamaica”, e os temas “Un negro amor”, de Alfonso Espraza e J.A. Olveira, e “Negra sombra”, de Rosalía de Castro.

A continuación foi o turno da Rondalla de Cariño que, ao son das guitarras, bandurrias e laúdes, cantou “A mis amigos” de José Luis Rodríguez, “Golondrina de amor” de Manuel Guirao, “Viento del norte” de Fernando Agüeros e “Mujer” de Ignacio de Ibarra. O grupo estivo dirixido por Marisa Novo.

O concerto continou coa coral asturiana de Tapia de Casariego, dirixida por Ana María González Suárez. O seu repertorio estivo composto tamén por catro cancións: a habanera “Yo te diré” de J. Halpern e E. Llovet, o fado “Cançao do mar” de Ferrer Trindade, “La Santina” de Tanea e “Andaluces de Jaén” de Miguel Hernández.

Por último, subiron ao escenario os anfitrións, a Coral Polifónica Santa Comba, para interpretar o tema popular “O Galopín”, “El abanico” de Trayter, “Coro dei crociati e pellegrini” de Verdi e “El anillo de hierro” de Miguel Márquez. A dirección correu a cargo de Manuel López Castro e actuaron acompañados ao piano por Paula Gago.

O festival contou coa asistencia do alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros de Cultura, Turismo e Benestar Social, Pedro Calvo, Malena Isorna e Begoña Piñeiro. Tamén os acompañaron o ex alcalde Daniel Barreiro e o empresario Andrés Quintá. Antes de rematar o concerto, as autoridades fixeron entrega dun agasallo a cada coral participante e a presidenta da Polifónica Santa Comba, Valentina Ferro, dirixiu unhas palabras ao público animando aos veciños a que “se unan á coral”. A agrupación de Cordeiro festexará a finais de ano o seu 25 aniversario.

Para pechar o concerto, as catro corais participantes compartiron escenario e cantaron, acompañadas polo público, “Clavelitos” e “Cantiga de Montefurado”.

XIVCorais2 XIVCorais3

XIVCorais4 XIVCorais5

XIVCorais6 XIVCorais7

XIVCorais8 XIVCorais9

XIVCorais10

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver