- Acudiron alumnos dos colexios Baño-Xanza e Ferro Couselo e dos institutos de Valga e Padrón

- Catro músicos interpretaron temas das compositoras Lula Romero, Katharina Rosenberger e Victoria Cheah

deriva1

Valga, 7 de outubro de 2019.

O ciclo de concertos “En Ruta”, que se enmarca no programa “O teu Xacobeo”, organizado pola Xunta de Galicia para promover actividades de dinamización na antesala do Ano Santo 2021, desembarcou no Auditorio de Valga coa proposta musical “Deriva”.

O domingo pola tarde celebrouse unha primeira sesión aberta ao público e esta mañá tivo lugar unha función didáctica coa presenza de máis de trescentos estudantes de catro centros educativos de Valga e da contorna: o CEIP Plurilingüe Baño-Xanza, o CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo, IES de Valga e o instituto Camilo José Cela de Padrón.

“Deriva” reivindicou a importancia do canto como vehículo de comunicación no Camiño dende a Idade Media e, en concreto, das mulleres poetas cuias achegas quedaron practicamente reducidas a anécdotas e raras veces se recolleron na historia da literatura medieval.

O concerto correu a cargo de catro músicos –a frautista Clara Saleiro, o percusionista Diego Ventoso, o pianista David Durán e Pablo Coello co saxofón–, que interpretaron temas da compositora galega Lula Romero, da suíza Katharina Rosenberger e da norteamericana Victoria Cheah.

deriva3 deriva2

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver