- O Auditorio acolleu na tarde de onte un taller centrado nas figuras dos Magos de Oriente
- Estas actividades están organizadas polas bibliotecas municipais
Valga, 30 de decembro de 2017.
A biblioteca de Cordeiro foi escenario na tarde de onte un novo obradoiro das actividades de Nadal organizadas polas bibliotecas municipais.
Os nenos confeccionaron as súas postais de Reis. Empregando materiais como goma eva, cartulina e pegamento fixeron as figuras de Melchor, Gaspar e Baltasar. Este foi o segundo obradoiro de postais, logo do celebrado a semana pasada.
A programación das bibliotecas para este Nadal remata o vindeiro 4 de xaneiro, cun obradoiro de cartas aos Reis Mago.s Terá lugar tamén en Cordeiro entre as 17:30 e as 18:30 horas. O taller está dirixido a nenos a partir de 5 anos de idade, se ben os máis pequenos tamén poderán participar acompañados dun adulto que os axude.