Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Durante o evento realizouse unha gravación do Himno de Valga
 
- Os integrantes da Coral Santa Comba estrearon uniforme, en cores negra e turquesa
 
fin1

Valga, 31 de decembro de 2017.

Tres agrupacións musicais valguesas protagonizaron onte pola noite o Concerto de Fin de Ano que tivo lugar no Auditorio Municipal.

A Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro, dirixida por Manuel López Castro, foi a encargada de abrir as actuacións cantando as cancións Dios Eterno¡Ro, mi niño, Ro!No medio da noite e Lirio del Alba, ás que seguiron as panxoliñas Esta noche es Nochebuena eVinde ver o neno co acompañamento do público que se deu cita no Auditorio.

Os cincuenta integrantes da coral estrearon uniforme neste concerto. As mulleres, vestido a dúas cores con saia negra e corpo turquesa, con chaqueta desta última cor a xogo. Estes traxes foron elaborados en Valga por Confeccións Hermitas. Os homes, pola súa parte, vestiron traxe negro con camisa branca e corbata turquesa a xogo cos vestidos das mulleres, feitos por unha empresa de Dena. “Dende que fixeramos os primeiros traxes, no ano 1995, a algúns xa non lles servía e, ademais, entrou xente nova na coral. Necesitabamos nova roupa”, explica Valentina Ferro, presidenta da agrupación.

Logo da actuación en solitario da Coral Polifónica, foi o turno sobre o escenario da Banda Peque, dirixida por Pedro José Torres Diz. Os pequenos músicos interpretaron unha Suite de Nadal composta polos temas O vello Papá NoelOs tres Reis e Jingle bells.

Na segunda parte do concerto, a Banda de Música Municipal interpretou La forza del destinoParis Montmartre, a polkaTritsch-Tratsch e Adiós Nonino para acordeón co acompañamento da solista Nerea Rodríguez Núñez.

Por último, Banda e Coral compartiron escenario cos temas Time to say goodbyePerfidiaCanción de cuna e Noite de Paz. O concerto pechouse co público posto en pé e coa Banda Municipal e a Coral Santa Comba intepretando o Himno de Valga, con música de Manu Conde. Aproveitouse a actuación para realizar unha gravación do himno municipal.

Durante o evento, o alcalde, José María Bello Maneiro, e as concelleiras Ramona Otero e Begoña Piñeiro entregaron uns agasallos ás tres agrupacións participantes. O rexedor amosouse orgulloso de contar en Valga con formacións musicais e artistas de tanto nivel e aproveitou para desexar a todos os veciños un bo ano 2018.

Máis fotos: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.204158970132564.1073741948.131969484018180&type=1&l

fin2 fin3 fin4 fin5 fin6

Volver