Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A mostra reivindica o empoderamento feminino e aborda temáticas coma a violencia de xénero ou a igualdade

- Pode verse no Auditorio Municipal ata o vindeiro 30 de outubro

presenzas1

Valga, 3 de outubro de 2019.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro, asistiron esta mañá no Auditorio á inauguración da exposición “Presenzas de Muller, da asociación de persoas con discapacidade dos vales Ulla e Umia (Asdivalu). O acto contou coa participación dos autores dos cadros, os usuarios do CODI, e algúns familiares que quixeron acompañalos.

A mostra aborda diferentes problemáticas e temáticas vencelladas á muller, dende a violencia de xénero e a igualdade ata a discapacidade ou a natalidade, e reivindica o empoderamento feminino con slogans como “Liberdade”, “Á(r)mate, muller” ou “Girl power”.

Os cadros foron pintados polos usuarios do CODI nas sesións de Arteterapia que semanalmente lles imparte Ángeles Garrido e que, ademais de pintura, inclúen manualidades e artesanía con barro.

presenzas2 presenzas3

presenzas4 presenzas5

Volver