- O prazo de inscrición permanecerá aberto durante todo o curso
- Poden asistir de xeito gratuíto persoas maiores de 18 anos ou que cumpran esta idade antes do 1 de setembro de 2020
Valga, 2 de outubro de 2019.
O curso 2019/2020 de educación para adultos para a obtención do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) dará comezo nas vindeiras semanas nas dúas modalidades habituais: proba libre ou preparación de módulos, que se examinan por separado e con diferentes contidos.
O inicio das clases na modalidade de módulos está fixado para o vindeiro luns, 7 de outubro, mentras que o alumnado de proba libre comezará as sesións unha semana máis tarde, o día 14.
As clases impártense no Auditorio Municipal, son gratuítas e diríxense a persoas maiores de 18 anos ou que cumpran esta idade antes do 1 de setembro de 2020.
Con carácter excepcional tamén poden asistir persoas que se atopen nalgún dos seguintes supostos:
- Ser maior de 16 anos e ter un contrato de traballo
- Ser deportista de alto rendemento
- Ter cursado ensinanzas de persoas adultas en anos anteriores
O prazo de inscrición permanecerá aberto durante todo o curso.