Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A mostra, que aborda temáticas como a violencia de xénero ou a igualdade, pode verse no Auditorio Municipal entre o 1 e o 30 de outubro

- Os cadros foron pintados durante as sesións de Arteterapia que Ángeles Garrido imparte semanalmente no centro para persoas con discapacidade

presenzasmuller1

Valga, 28 de setembro de 2019.

O Auditorio Municipal retoma en outubro a súa actividade cultural despois dos meses de verán e faino coa exposición de pintura “Presenzas de Muller”, da asociación de persoas con discapacidade dos vales Ulla e Umia (Asdivalu).

Os usuarios do CODI ofrecen a súa particular visión sobre diferentes problemáticas e temáticas vencelladas á muller, dende a violencia de xénero e a igualdade ata a discapacidade ou a natalidade e, relacionada con esta, os problemas de contaminación que sofre a “nai terra”.

Trátase dunha mostra esencialmente reivindicativa, na que predomina a cor violeta e cobran protagonismo slogans como “Liberdade”, “Á(r)mate, muller” ou “Girl power”, entre outras mensaxes de empoderamento feminino.

Os cadros que forman parte da exposición foron pintados polos usuarios do CODI nas sesións de Arteterapia que semanalmente lles imparte a artista local Ángeles Garrido e que, ademais de pintura, inclúen manualidades, artesanía con barro e outras disciplinas.

presenzasmuller2 presenzasmuller3

presenzasmuller4 presenzasmuller5

presenzasmuller6 presenzasmuller7

         presenzasmuller8          presenzasmuller9

Volver