Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As instalacións abrirán de luns a venres entre as 9:30 e as 12:30 e de 17:30 a 22:30

- O prezo da entrada individual é de 4 euros e ofértanse diferentes bonos (mensual, trimestral ou familiar)

ximnasiomunicipal

Valga, 27 de setembro de 2019.

O ximnasio municipal comeza o mes de outubro con cambio de horario e novos prezos. A partir do vindeiro martes, día 1, as instalacións de Beiro abrirán de luns a venres de 9:30 a 12:30 polas mañás e entre as 17:30 e as 22:30 polas tardes.

No tocante aos prezos, a entrada individual ten un custo de 4 euros por sesión e ofértanse varios tipos de bonos que tratan de adaptarse ás diferentes demandas dos usuarios. Deste xeito, poden adquirirse bonos de medio m4es, mansuais, trimestrais, matinais e familiares, con prezos que oscilan entre os 24 e os 121 euros. Ademais, establécense tarifas reducidas para usuarios constantes, aqueles que leven aboados ao ximnasio tres ou máis meses seguidos.

A táboa de prezos pola que se rexerá o ximnasio municipal a partir de outubro é a seguinte:

PREZOS DO XIMNASIO 2019

Por outra parte, o ximnasio ofrece aos seus usuarios unha serie de actividades deportivas que inclúen ximnasia de mantemento, zumba, pilates e ioga.

Os horarios e prezos son os seguintes:

  • Ximnasia de mantemento: luns e mércores de 16:15 a 17:15. Prezo: 20 euros/mes. Aboados ao ximnasio: 10 euros/mes.
  • Zumba (a partir de 12 anos de idade): martes e xoves ás 21 horas. Prezo: 20 euros/mes. Aboados ao ximnasio: 10 euros/mes.
  • Pilates: impártese en Valga e en Cordeiro con variedade de horarios (tamén de mañá). Prezo: 30 euros/mes.
  • Ioga: luns e mércores de 19:15 a 20:15. Prezo: 30 euros/mes

En todas estas actividades a primeira sesión de proba é gratuíta. As inscricións poden realizarse no propio ximnasio ou a través do número de teléfono 619 922 911.

Cartel X

 

Cartel Zumba 09 2019

 

Cartel Pilates 09 2019

 

Cartel Ioga 09 2019

 

Volver