O goberno municipal quere transmitir o seu agradecemento á Secretaría Xeral da Igualdade, Consellería de Política Social, Consellería de Educación, Subdelegación do Goberno, Garda Civil, Policía, Servicios Sanitarios, Centro de Saúde, Equipo de Resposta Inmediata en Emerxencias Psicosocial (ERIE) de Cruz Vermella, Grupo de Emerxencia (GES), Protección Civil, Grupo de Intervención Psicolóxica (GIPCE), Fundación Amigos de Galicia, veciños que colaboraron dende o primeiro momento coas forzas de seguridade e arrouparon á familia, traballadores municipais, centro de día, centros educativos, asociacións, clubs, empresas que se puxeron a disposición plena deste concello.
Gracias ás mostras de solidariedade dos nosos concellos veciños e de concellos de toda España, de persoas anónimas e de colectivos sociais.
E, sobre todo, gracias ao pobo de Valga, á gran calidade humana dos nosos veciños. Estamos orgullosos do gran pobo que formamos.
No medio desta dor debe xurdir a esperanza.
Xuntemos esforzos e loitemos xuntos por unha sociedade mellor, máis xusta e máis igualitaria.
Por María José, Elena, Sandra, Alba, e por todas as mulleres que xa non poden loitar.
SEXAMOS NÓS A SÚA VOZ.