- Inicio
- O CONCELLO CONVOCA UN PLENO EXTRAORDINARIO E UNHA CONCENTRACIÓN DE REPULSA TRALO ACTO DE VIOLENCIA MACHISTA ACONTECIDO ESTA MAÑÁ EN VALGA
- O Concello de Valga expresa a súa máis profunda consternación e a súa repulsa tralo acto de violencia machista acontecido esta mañá no municipio, e que supuxo o falecemento de Sandra Boquete Jamardo, Alba Boquete Jamardo e María Elena Jamardo Figueroa.
- Acordouse celebrar, hoxe día 16 de setembro ás 20:00h, un pleno extraordinario e urxente en repulsa polas mortes, en memoria das vítimas e en apoio á familia.
- Convócase tamén a toda a cidadanía a unha concentración diante da Casa do Concello unha vez remate a sesión.
Volver