- O alcalde, José María Bello Maneiro, deulles a benvida a todos os participantes acompañado por varios concelleiros do goberno municipal

- O evento é organizado pola asociación artesanal “A Bella Otero”

bolillos191

Valga, 14 de setembro de 2019.

Máis de trescentas palilleiras danse cita durante a xornada de hoxe no pavillón municipal de Baño na sexta edición do Encontro de Bolillos e Labores organizado pola asociación “A Bella Otero” coa colaboración do Concello.

As participantes, entre as que tamén pode verse a algún home, forman parte dunha trintena de asociacións chegadas de diferentes localidades de Galicia como Burela, Betanzos, Abegondo, Vilanova, Padrón, Porriño, Cambados, Oleiros, Baixo Miño, Vimianzo e tamén da cuna do encaixe, Camariñas, por citar só algunhas das procedencias. Na súa inmensa maioría están adicando esta xornada a confeccionar traballos de bolillos, pero tamén poden verse outros labores como bordados ou ganchillo.

O encontro deu comezo ás 10 horas coa recepción dos participantes e estivo aberto ao público ata as 14:00. No transcurso da mañá, os asistentes recibiron a visita do alcalde, José María Bello Maneiro, e dos concelleiros do goberno municipal Carmen Gómez, Begoña Piñeiro, José Ángel Souto e Malena Isorna. O rexedor deulles a benvida a todos os colectivos participantes e desexoulles unha grata estancia en Valga.

 Despois dunha parada para comer, o encontro retomouse ás 16:30 e ata as 19:30 horas o pavillón de Baño estará aberto a todas as persoas que queiran asistir para ver os labores que realizan as palilleiras ou para achegarse aos postos de venda con unha ampla gama de materiais para realizar labores artesanais.

Ademais, durante a xornada, a organización está sorteando máis de 150 regalos aportados por establecementos e casas comerciais de Valga e da contorna.

bolillos192 bolillos193

bolillos194 bolillos195

 

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver