Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A empresa viguesa Ingeniería y Construcciones Piñeiro S.L. executará os traballos nun prazo de seis meses

- O Concello e a Xunta de Galicia asinaron un convenio para investir máis de 470.000 euros na mellora deste espazo

Parque Irmáns Dios Mosquera

Valga, 26 de setembro de 2019.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adxudicou á empresa Ingeniería y Construcciones Piñeiro S.L. as obras de mellora e humanización do Parque Irmáns Dios Mosquera que se executarán nos vindeiros meses en base a un convenio de colaboración asinado entre o Concello e a Xunta de Galicia para investir máis de 470.000 euros no acondicionamento deste espazo.

O obxectivo é realzar a importancia deste entorno e convertelo na zona de recreo e lecer por execelencia do municipio e da contorna, ofrecendo aos veciños e visitantes un espazo de calidade e cheo de posibilidades, dando valor á súa paisaxe característica e facéndoo o máis versátil posible para a realización do maior número de actividades.

As actuacións que se proxectan son:

  • Construción dun escenario e unhas gradas, separados polo regato existente e que non suporán alteración do entorno xa que quedarán integradas no propio desnivel físico do terreo.
  • Execución dun carril bici arredor do parque con carácter de circuíto pechado pero, ao mesmo tempo, con posibilidade de continuidade futura. Ademais, en paralelo a este carril, crearase unha senda peonil para favorecer os paseos sen interromper a actividade interna do parque.
  • Instalación dunha nova pasarela peonil cruzando o regato e que dea continuidade á senda.
  • Acondicionamento da pista deportiva, dándolle valor e utilidade á zona hormigonada existente e dotándoa de equipamento axeitado para a práctica deportiva.
  • Dotación de mobiliario urbano como papeleiras, mesas e bancos que ofrezan aos usuarios a comodidade axeitada para gozar dunha xornada no parque.
  • Ampliación da zona de parque infantil, coa instalación de máis xogos para nenos de distintas idades.
  • Habilitar aseos públicos e un almacén nunha pequena edificación xa existente no parque.

As obras teñen un prazo de execución de seis meses.

cartel parqueIDM

Volver