Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As persoas interesadas poden asistir a unha sesión de proba gratuíta en cada disciplina

- O prezo é de 30 euros ao mes para pilates e de 20 euros mensuais nas outras dúas disciplinas

ximnasiomunicipal

Valga, 12 de setembro de 2019.

O ximnasio municipal retoma o vindeiro luns, 16 de setembro, as actividades cunha oferta que inclúe sesións de zumba, pilates e, como novidade, a proposta “Deporte para todos”, na que se practirán diferentes disciplinas deportivas a baixa intensidade. Trátase dunha actividade orientada principalmente a maiores e impartirase os martes e xoves ás 17 horas. O prezo é de 20 euros ao mes.

No tocante ás sesións de zumba, terán lugar os martes e xoves a partir das 21 horas por un prezo de 20 euros ao mes, mentras que en pilates haberá varios grupos, incluído un de mañá. Os horarios fixados para esta actividade son:

  • Luns e mércores: ás 11:00, 20:15 e 21:15
  • Martes e xoves: ás 19:15, 20:15 e 21:15

O prezo é de 30 euros ao mes por persoa.

Nas actividades de zumba e pilates poden participar persoas a partir de 12 anos de idade, se ben os menores de 16 anos deben acudir sempre acompañados por un adulto.

O ximnasio ofrece ás persoas interesadas unha sesión de proba gratuíta en cada unha das tres disciplinas para que as coñezan e poidan decidir en cales queren participar. As inscricións poden realizarse no propio ximnasio ou a través do número de teléfono 619 922 911.

Volver