- As inscricións deben realizarse antes das 12 horas do día 20 e febreiro no teléfono 686 938 024
- A proba, organizada polo Club Xadrez Padrón, é patrocinada polo Concello de Valga e auspiciada pola Federación Galega
Valga, 5 de setembro de 2019.
O pavillón municipal de Baño albergará o vindeiro 22 de setembro a sexta edición do Torneo Internacional de Xadrez “Concello de Valga”. O campionato, valedoiro para Elo Fide de Rápidas, é organizado polo Club Xadrez Padrón, patrocinado polo Concello de Valga e auspiciado pola Federación Galega de Xadrez.
O prazo de inscrición xa está aberto, podendo anotarse as persoas interesadas a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., do teléfono 686 938 024 ou enviando unha mensaxe de Whatsapp ao número 679 167 890. A inscrición pecharase ás 12 horas do día 20 de setembro. O prezo xeral é de 8 euros, excepto para as categorías sub 14, para as que se reduce a 4 euros por participante.
O torneo disputarase baixo o sistema de competición suízo, a oito rondas. Dará comezo ás 11 horas e a clausura e entrega de premios está prevista para as 19:00. Ademais dos correspondentes trofeos, repartiranse entre os gañadores das distintas categorías un total de 1.600 euros en premios.
Bases do VI Torneo Internacional de Xadrez “Concello de Valga”