- As persoas interesadas poden anotarse no Auditorio Municipal ou nas oficinas do Concello
- As dúas actividades son gratuítas, aínda que contan con prazas limitadas
Valga, 3 de setembro de 2019.
A Aula CeMIT imparte neste mes de setembro senllos cursos presenciais e gratuítos de Iniciación á Informática e de Whatsapp para maiores. O prazo de inscrición para as dúas actividades está aberto e as persoas interesadas poden anotarse na propia Aula CeMIT, emprazada no Auditorio Municipal, ou por teléfono no Auditorio (986 556769) e no Concello (986 559456).
O curso de Iniciación á Informática, dirixido a persoas a partir de 16 anos de idade, dará comezo o día 10 de setembro e terá unha duración dun mes. Impartirase os martes e xoves de 10 a 11:30 horas cos seguintes contidos:
- Acender e apagar correctamente o ordenador
- Manexar o rato e teclado con soltura
- Familiarizarse co entorno de traballo e as ventás do Sistema Operativo
- Aprender a xestionar arquivos e carpetas (crear, eliminar, copiar, etc.)
- Copiar un documento nunha unidade extraíble (disquete, memoria USB)
- Crear, editar e imprimir un documento cun editor de textos
O número de prazas dispoñibles é de 12.
No tocante ao curso de Whatsapp para Maiores, impartirase o mércores e venres da semana próxima (días 11 e 13 de setembro) a partir das 10 horas, tamén con prazas limitadas. Os contidos serán:
- Como utilizar Whatsapp
- Privacidade e seguridade
- Configurando Whatsapp
- Fotos e videos por WhatsApp
- Compartir documentos, ubicacións e contactos
- Crear grupos e listas de difusión