Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Elixiron os seus xoguetes favoritos e introduciron as súas peticións no Buzón Real

Melchor, Gaspar e Baltasar percorren hoxe o municipio a partir das 14 horas e agasallarán a todos os rapaces no Belén Artesanal

carta

Valga, 5 de xaneiro de 2018.

Nenos de Valga escribiron na tarde de onte as súas cartas aos Reis Magos nun obradoiro que tivo lugar no Auditorio Municipal e co que se pechou a programación de Nadal organizada polas bibliotecas municipais. 

Os rapaces elixiron e recortaron nas revistas os seus xoguetes favoritos para enviarllos dentro do sobre ás Maxestades e que así non se confundan con tanto traballo como lles espera esta noite. Despois escribiron as cartas e introducíronas no Buzón Real, que hoxe lle será entregado a Melchor, Gaspar e Baltasar durante a súa estancia en Valga. 

Os Magos de Oriente e a súa Comitiva Real percorrerán hoxe o municipio a partir das 14 horas empregando o tren como medio de transporte e pasando polos seguintes lugares: Baño, Avenida Bella Otero, Paredes, San Miguel, Raxoi, Laceiras, Vilares, Martores, Cimadevila, Cedelo, Avenida da Coruña, Desabanda, Pino, Parafita, Magariños, Bronllo, Casaldeirigo, Cernadas, Rexenxo, Eirexe, Cerneira, Cotriños, Canle, Gándara, Sixto, Senín, Outeiriño, Carballiño, Louro, Barro, Barcia, Balleas, Socastro, Casanova, Castiñeiras, Torre, Carracido, Vilarello, Vilar, Moldes, Eiras, Outeiro, Beiro, Ferreirós, Laxes, Rúa Nova, Coto, Eirexe, Devesa, Torre e Forno. No transcurso deste percorrido farán unha visita ás tres veciñas centenarias de Valga.

Os Reis trasladaranse despois ata o Belén Artesanal, onde todos os nenos e veciños poderán saudalos. Antes da súa chegada, a partir das 18 horas, unha carpa albergará unha festa infantil con música, obradoiros e outras actividades para amenizar a espera. Arredor das 19 horas os Reis serán recibidos polo alcalde e, a continuación, entregarán un agasallo a todos os nenos presentes.

carta3 carta4  carta5 carta6 

 

Volver