Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Nenos a partir de 6 anos e adultos poden anotarse no Concello ou no Auditorio ata o vindeiro 20 de setembro

- Precísase dun mínimo de dez persoas participantes para que a actividade se leve a cabo

tecendolazos1

Valga, 2 de setembro de 2019.

O Auditorio Municipal albergará durante os meses de outubro e novembro un obradoiro de cestería tradicional con reciclaxe de xornais e cartóns, unha iniciativa que se enmarca dentro do programa provincial “Tecendo Lazos”.

Poden inscribirse nesta actividade persoas a partir de 6 anos de idade. Terán preferencia aquelas que forman parte da mesma familia, se anoten xuntas e pertenzan a diferentes xeracións. Os nenos de menos de 12 anos deberán acudir sempre acompañados por unha persoa adulta, mentras que os mozos de entre 12 e 17 anos que queiran acudir sós terán que presentar o consentimento por escritos dos pais ou titores. O prazo de inscrición xa está aberto e as persoas interesadas poden dirixirse ás oficinas do Concello ou ao Auditorio ata o día 20 de setembro.

O obradoiro deberá contar cun mínimo de dez persoas participantes e un máximo de trinta, das cales o 40% terán que ser menores de idade, xa que un dos seus obxectivos é favorecer o contacto interxeracional no ámbito do tempo libre e do lecer e fomentar a aprendizaxe e o intercambio de ideas e valores para fomentar os lazos afectivos entre persoas de distintas xeracións.

A duración do taller será de 16 horas e impartirase os luns de 17:30 a 19:30 horas entre os días 7 de outubro e 25 de novembro. No transcurso das sesións os participantes realizarán traballos manuais de cestería, con distintas formas e trenzados, utilizando periódicos e cartóns vellos, de maneira que desenvolvan a súa creatividade e imaxinación. Ademais, impartirase un módulo chamado “A historia do meu concello”, a través do cal se recompilarán historias, lendas, contos ou fotografías de Valga para promover a transmisión de coñecementos e dar a coñecer as tradicións e novos relatos coas achegas dos participantes.

tecendolazos2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver