Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A mostra estará aberta ao público hoxe e mañá en horario de 17 a 21 horas

- Inclúe colchas, chales, pulseiras, toallas ou broches, entre outros labores feitos polas integrantes do colectivo

mostrabolillos1

Valga, 30 de agosto de 2019.

A “Asociación Cultural Palilleiras de Valga” no Salón de Plenos da Casa do Concello traballos de encaixe de bolillos realizados polas integrantes do colectivo, que conta coa colaboración do Concello para a organización desta actividade xa habitual coincidindo coa Festa da Anguía e Mostra da Caña do País. A mostra pode verse esta tarde e mañá sábado entre as 17 e as 21 horas.

Entre os traballos que locen no salón de sesións hai colchas, toallas, chales, cortinas, roupa infantil, pulseiras, broches, reloxos ou panos, entre outros. Son pezas elaboradas durante o ano polas integrantes da “Asociación Cultural Palilleiras de Valga” que, ademais de organizar esta exposición, participa de xeito frecuente en encontros de palilleiras en distintos lugares da nosa comunidade.

 mostrabolillos2 mostrabolillos3

mostrabolillos4 mostrabolillos5

Volver