Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Aínda quedan prazas libres nas actividades “Crea o teu email”, “Fai a túa compra online” e “Iniciación á informática”

O día 26 terá lugar o exame presencial dos cursos EMA de teleformación

cemit

Valga, 5 de xaneiro de 2018.

A Aula CeMIT de Valga, emprazada no Auditorio Municipal, oferta durante o mes de xaneiro un total de seis cursos, para algúns dos cales aínda quedan prazas libres. 

É o caso da actividade “Crea o teu email”, que se desenvolverá entre os días 15 e 17 e para a que quedan tres prazas vacantes dun total de doce. Tamén con tres prazas sen cubrir, terá lugar entre os días 22 e 31 de xaneiro a actividade “Fai a túa compra online”, mentras que para o curso de “Iniciación á informática” aínda non se fixou data ao estar pendente de completar o grupo. As prazas que se ofertan son doce.
Outras tres accións formativas programadas para este mes xa teñen todas as prazas cubertas. Trátase dos cursos “Personaliza o teu calendario”, “Descubre Google Earth” e “Sorpende coas túas presentacións en Impress”.

Por outra parte, o vindeiro 26 de xaneiro ás 10 horas realizaranse na Aula CeMIT de Valga os exames presenciais dos cusos EMA de teleformación. Soamente poderán inscribirse nestas probas as persoas que activaran a opción de “Cuestionario de avaliación” na plataforma de teleformación EMA, unha vez seguidos todos os contidos do curso. Unha vez realizada a súa inscrición, é necesario ter recibido o correo confirmatorio de matriculación para asistir ás probas.

A relación dos cursos EMA de Teleformación dispoñibles é a seguinte:

  • Control parental
  • Seguridade informática
  • Uso do libro electrónico
  • Uso da tableta
  • Uso da cámara dixital
  • Uso dos dispositivos electrónicos
  • O correcto aproveitamento dos smartphone
  • Cloud computing
  • Comercio electrónico
  • Mercadotecnia e mercadotécnica nas redes
  • Vendas no muro
  • Posicionamiento social
  • Creación de blogs
  • Redes sociais
  • Administración Electrónica
  • Trámites económicos na Internet
  • Factura electrónica
  • Tramitación electrónica e xestión de documentación
  • Seguridade en compras virtuais
  • Innovación social

A Aula CeMIT de Valga forma parte da rede de centros para a modernización e inclusión tecnolóxica da Xunta que ten como obxectivo a vertebración territorial e social de Galicia, en especial naqueles lugares nos que a fenda dixital é máis notoria, impulsando, potenciando e difundindo coñecementos sobre as novas tecnoloxías da información e a comunicación mediante actividades formativas no campo da alfabetización dixital e o emprendemento.

Volver