Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Das dezanove comisións que se presentaron ao certame son finalmente dezaseis ass que optan aos premios

- Os gañadores daranse a coñecer o vindeiro sábado durante a XXIX Festa da Anguía e Mostra da Caña do País

XURADO EV1

Valga, 24 de agosto de 2019.

O xurado do concurso “Embelecer Valga” percorreu o esta mañá os lugares acondicionados polos veciños para elixir, de entre todos, ao lugar máis fermoso. Das dezanove comisións veciñais que presentaron os seus proxectos de mellora de espazos e infraestruturas públicas son, finalmente, dezaseis as que optan aos premios. As tres obras restantes non puideron ser visitadas polo xurado xa que non se chegaron a executar.

Os lugares que optan aos premios son os colexios de Baño e Cordeiro, Avenida da Coruña, Barcia, Barro, Beiro, Canle, Casaldeirigo, Cernadas, Cerneira, Cimadevila, Eiras, Gándara, Laceiras, Vilar e Vilarello. O xurado estivo formado polos concelleiros Pedro Calvo, Malena Isorna e José Ángel Souto, ademais dun representante de cada comisión veciñal participante. Os tres proxectos más valorados recibirán trofeo, diploma e 300, 200 e 100 euros. Os demais grupos presentados ao certame recibirán un diploma e unha gratificación de 100 euros. Os gañadores daranse a coñecer o vindeiro sábado no trancurso da XXIX Festa da Anguía e Mostra da Caña do País.

O concurso “Embelecer Valga” premia ao lugar máis fermoso acondicionado e engalanado pola cidadanía, de maneira que se implique á veciñanza no coidado e arranxo dos espazos públicos da vila, acometendo de forma voluntaria e gratuíta accións consistentes na limpeza, mellora, dotación de equipamentos ou ornamentación de paraxes. Os participantes tiveron que formar unha comisión veciñal e presentar no Concello unha pequena memoria descritiva das accións de mellora a desenvolver e os materiais que estimaban precisos, ademais dunha reportaxe fotográfica do estado no que se atopaba o lugar no que se levaron a cabo as actuacións. A administración local facilitoulles os medios precisos para a execución dos proxectos e puxo á súa disposición os materiais necesarios para o desenvolvemento das obras.

Os proxectos que o sábado visitou o xurado foron:

     1. ANPA e CEIP Plurilingue Baño-Xanza: acondicionamento de xardíns, pistas e peche do colexio.

     2. ANPA e CEP Plurilingüe Ferro Couselo: acondicionamento do xardín do colexio.

     3. Avenida da Coruña: instalación de barbacoa e mellora do parque.

     4. Barcia: renovación da casiña do parque e acondicionamento do entorno.

     5. Barro: limpeza xeral e reposición de plantas no parque.

     6. Beiro: acondicionamento e renovación do parque.

     7. Canle: mellora do parque e da piscina e instalación dunha casiña de xogos.

     8. Casaldeirigo: acondicionamento do lavadoiro.

     9. Cernadas: Acondicionamento do lavadoiro.

    10. Cerneira (A Fonte): cancha de baloncesto, varanda e acondicionamento do entorno.

    11. Cimadevila e Souto: Mellora do parque infantil e acondicionamento do lavadoiro.

    12. Eiras: reparación do lavadoiro da aldea (tellado, varanda, e chan) e adecentamento do entorno.

    13. Gándara: cambio de fonte de pedra, novas plantas e pintado.

    14. Laceiras: acondicionamento do parque, substitución de columpios e plantas.

    15. Vilar: acondicionamento xeral: bancos, papeleiras, prantas…

    16. Vilarello: acondicionamento e arranxo do parque, do lavadoiro e outras instalacións.

XURADO EV2 XURADO EV3

XURADO EV4 XURADO EV5

XURADO EV6 XURADO EV7

Volver