- No mes de xullo concedéranse outros 1.800 euros para a financiación de actividades de seis asociacións
- As comisións poden acollerse este ano a unha nova liña de axudas de 300 euros a maiores por contratar á Banda Municipal de Música
Valga, 12 de xaneiro de 2018.
O Concello de Valga aprobou, mediante unha resolución da Alcaldía do 29 de decembro, a concesión de 9.400 euros en subvencións a un total de 24 asociacións culturais e deportivas e comisións de festas, correspondentes ao exercicio económico 2017. Os colectivos beneficados e o importe das axudas son os seguintes:
- Asociación de Xente Activa de Valga (Axentiva), para actividades: 300 euros
- Asociación cultural Santa Cristina e Santa Ana, para as festas patronais de Campaña: 300 euros
- Asociación cultural e veciñal de Bronllo, para a festa de San Antonio Abade: 300 euros
- Asociación veciñal, cultural e deportiva de Cordeiro, para a XXV edición da Festa da empanada de millo do país: 300 euros
- Asociación de Mulleres Rurais “Albor”, para actividades: 300 euros
- Asociación cultural San Miguel de Valga, para a festa de San Miguel: 300 euros
- Asociación cultural e veciñal Santa Lucía e San Antonio, para as festas de Cordeiro: 300 euros
- Asociación Virxe da Lanzada de Campaña: 300 euros
- Comisión de festas San José de Cerneira (Setecoros), para a festa de San José: 300 euros
- Comisión de festas Virxe das Dores de Cordeiro, para a festa da Virxe das Dores: 300 euros
- Asociación músico cultural As Telleiras, para a festa da Virxe da Merced: 300 euros
- Asociación cultural Os Penoucos, para actividades: 300 euros
- Asociación cultural Os Desamparados da Devesa, para as festas do Carme e Desamparados: 300 euros
- Asociación cultural e deportiva Festas de Baño, para a festa de San Roque: 300 euros
- Veciños de Canle, Barcia, Cotriños, Barro, Gándara, Forno, Balleas e Socastro, para a confección das alfombras florais de Corpus: 300 euros
- Veciños de Laxes, Carballa, etc., Para a confección das alfombras de Corpus: 300 euros
- Comisión de festas de San Campio (Casaldeirigo): 300 euros
- Asociación San Mamede dos Martores, para a festa da Virxe de Fátima: 300 euros
- Asociación San Mamede dos Martores, para a festa de San Mamede: 300 euros
- Asociación artesanal de palilleiras A Bella Otero, para actividades: 300 euros
- Asociación de teatro A Bella Otero, para gastos de vestiario e seguros: 300 euros
- Asociación cultural e veciñal de Casaldeirigo, para a festa da Virxe da Saúde: 300 euros
- Escudería Charli Romeo, para a organización do Slalom Xosé Ramón Santos: 500 euros
- Club de fútbol sala Valga, para actividades deportivas: 300 euros
Estas axudas, que están pendentes de notificar e de que os beneficiarios presenten a xustificación do gasto, súmanse aos 1.800 euros que se concederon no mes de xullo a seis asociacións para sufragar, igualmente, actividades de carácter cultural. Os colectivos beneficiaron foran:
- Asociación cultural Os Penoucos, para o II Festival Carolina Son: 300 euros
- Veciños da Devesa, para a celebración das festas patronais da Virxe do Carme e dos Desamparados do 2016: 300 euros
- Asociación Virxe da Lanzada de Campaña, para as festas da Virxe da Lanzada do ano 2016: 300 euros
- Asociación cultural e deportiva Festas de Baño, para a celebración das festas de San Roque do 2016: 300 euros
- Asociación cultural e veciñal do Sixto, apra a celebración das festas de Santa Lucía de 2016: 300 euros
- Asociación cultural e veciñal de Casaldeirigo, para a celebración das festas da Virxe da Saúde de 2016: 300 euros
O goberno local lembra que se aprobou, dentro dos orzamentos do ano 2018, unha nova liña de axudas para festas. As comisións que contraten á Banda Municipal de Música recibirán unha axuda de 300 euros a maiores doutras que poidan corresponderlle por outros conceptos.