Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A orde, asinada pola conselleira Carmen Pomar, conleva a inscrición do centro no Rexistro da Comunidade Autónoma

- O prazo de inscrición para realizar as probas de acceso está aberto ata o día 6 de setembro

pianoAuditorio

Valga, 8 de agosto de 2019.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que autoriza a apertura e a entrada en funcionamento, para o vindeiro curso 2019/2020, do Centro de Ensinanzas Artísticas Superiores de Música de Valga. Este queda, a partir de agora, inscrito no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

A orde, asinada pola conselleira Carmen Pomar Tojo, indica que o centro terá como enderezo o Auditorio Municipal de Valga e ofertará un total de 120 prazas. Impartirá ensinanzas artísticas superiores de música nas especialidades de Composición, Dirección, Interpretación, Musicoloxía, Pedagoxía, Produción e xestión de eventos.

O claustro de profesores estará formado por unha trintena de pedagogos de prestixio internacional, dirixido por Manuel Villar e codirixido por Pere Molina. A relación de persoal que impartirá a docencia está pendente de aprobación por parte da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Educación, previo informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa.

Inscrición nas probas de acceso

O Centro de Ensinanzas Superiores de Música de Valga ten aberto, ata o vindeiro 6 de setembro, o período de inscrición de alumnado para a realización das probas de acceso para o curso 2019/2020. O formulario de inscrición pode descargarse en www.valga.gal ou a través da páxina web do centro (www.csmgalicia.com). Unha vez cuberto, o impreso e a documentación correspondente deben enviarse mediante correo electrónico á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. A relación provisional de alumnos admitidos nas probas de acceso farase pública o día 9 de setembro. A data de realización das probas está aínda pendente de confirmación.

Tamén é posible solicitar o traslado do expediente académico ao novo Centro de Ensinanzas Superiores de Música. Para isto, debe seguirse o mesmo procedemento: descargar en www.valga.gal ou en www.csmgalicia.com o correspondente formulario e envíalo por e-mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Para o curso 2019/2020 aceptaranse todas as solicitudes nos cursos 2º, 3º e 4º de todas as especialidades.

Orde da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

 

Volver