- Os establecementos inscritos ofrecerán tapas gratuítas coas consumicións os días 24, 25 e 31 de agosto
- Entre o público participante sortearanse vales de compra para gastar no comercio local
Valga, 2 de agosto de 2019.
Con motivo da celebración da XXIX Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, o Concello organiza a VI Ruta-Concurso “Tapa á anguía” na que poden participar bares e restaurantes do municipio. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 8 agosto.
Os establecementos participantes deberán presentar unha única tapa na que o ingrediente principal será a anguía e servirana aos seus clientes de xeito gratuíto coas consumicións os días 24 e 25 de agosto, durante os que se desenvolverá o concurso, e tamén o 31 de agosto, a modo de degustación con motivo da xornada grande da Festa da Anguía. Será o Concello o que lles facilite a anguía xa limpa para que os cociñeiros poidan preparar as receitas.
Entre as persoas que acudan a degustar as tapas preparadas polos locais de hostelería durante a fin de semana da ruta, sortearanse vales de compra para gastar no comercio local. Ademais poderán participar na elección da mellor tapa.
A votación popular terá un peso do 50% na elección da tapa gañadora, mentras que o outro 50% recaerá sobre nun xurado designado pola Concellería de Cultura. O bar que elabore a mellor receita recibirá o Mandil de Ouro e o segundo e terceiros clasificados, os mandís de Prata e Bronce.