Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A exposición de debuxos Infancia Crea xa pode verse no Auditorio Municipal

- As rutas turísticas “Valga a pé” continuaron esta semana cunha camiñata ata o miradoiro de Beiro

rutabeiro3

Valga, 24 de xullo de 2019.

A promoción da igualdade entre os máis pequenos foi durante os últimos días unha das actividades que centraron Escola de Verán de Valga.

No Auditorio Municipal xa pode verse a exposición de debuxos Infancia Crea, con ilustracións realizadas polos propios nenos despois de visualizar varios vídeos e material audiovisual sobre a igualdade de xénero. Tamén realizaron un mural sobre a figura de Malala, activista paquistaní que recibiu o Premio Nobel da Paz pola súa loita a favor dos dereitos civís e, especialmente, dos dereitos das mulleres.

Os rapaces compaxinan estas actividades con outras propostas lúdicas como xogos tradicionais ou deportes e tamén as rutas turísticas “Valga a pé” que hoxe os levaron ata o Miradoiro de Beiro, dende o que se divisan unhas fermosas vistas panorámicas do val do río Ulla. Nos arredores do muíño de vento, os rapaces fixeron xogos, merendaron e desfrutaron do entorno.

Ao seu regreso cara ao Auditorio, fixeron unha parada na igrexa de Cordeiro e, no adro, achegáronse ao busto do historiador e investigador valgués Xesús Ferro Couselo.

A Escola de Verán está organizada polo Concello de Valga co obxectivo de favorecer a conciliación familiar e laboral durante o período de vacacións. Trátase dunha iniciativa gratuíta que conta con máis de cen nenos inscritos de entre 5 e 14 anos de idade e que se desenvolve de luns a venres entre as 10 e as 13 horas.

 

rutabeiro1 rutabeiro2

expoigualdade1 expoigualdade2

mural

Volver