- Vinte e catro equipos de doce aldeas de Valga participaron onte nas actividades deportivas na praia fluvial de Vilarello
- As celebracións continúan esta tarde, a partir das 16:30 horas, con xogos infantís, a solta de vaquiñas e o espectáculo ecuestre de Santi Serra
Valga, 7 de xullo de 2019.
Os equipos masculino de Reguengo e feminino de Forno proclamáronse onte campións das Olimpíadas da Aldea. As rapazas de Forno obtiveron cinco medallas de ouro en Brilé, Carretilla, Esquís Cooperativos, Xirarei e no Mundialito de Fútbol; mentras que os mozos de Reguengo acadaron o ouro en Brilé e a prata na Turrasoga e no Mundialito.
Vinte e catro equipos de doce aldeas de Valga participaron nas actividades deportivas na praia fluvial de Vilarello. En categoría masculina inscribíronse 17 equipos, pertencentes aos lugares de Castiñeiras, Balleas, Casaldeirigo, Reguengo, Baño, Sixto, Pontevalga, San Miguel, Cerneira, Forno e Socastro. En categoría feminina, o torneo “olímpico” contou coa participación de sete equipos de Casaldeirigo, Vilar, Pontevalga, Sixto e Forno.
As Olimpíadas repartiron case 3.000 euros en premios entre os gañadores e os segundos clasificados de cada xogo. A táboa de resultados completa foi a seguinte:
BRILÉ FEMININO:
1º: Forno
2º: Pontevalga
BRILÉ MASCULINO:
1º: Reguengo
2º: Sixto I
CARRETILLA FEMININA:
1º: Forno
2º: Vilar
CARRETILLA MASCULINA:
1º: Castiñeiras
2º: Casaldeirigo VI
ESQUÍS COOPERATIVOS FEMININOS:
1º: Forno
2º: Casaldeirigo III
ESQUÍS COOPERATIVOS MASCULINOS:
1º: Casaldeirigo V
2º: Casaldeirigo VI
XIRAREI FEMININO:
1º: Forno
2º: Casaldeirigo I
XIRAREI MASCULINO:
1º: Casaldeirigo I
2º: Castiñeiras
TURRASOGA FEMININA:
1º: Casaldeirigo III
2º: Pontevalga
TURRASOGA MASCULINA:
1º: Casaldeirigo IV
2º: Reguengo
MUNDIALITO FEMININO:
1º: Forno
2º: Pontevalga
MUNDIALITO MASCULINO:
1º: San Miguel
2º: Reguengo
PREMIO Á DEPORTIVIDADE:
Casaldeirigo I e Sixto II
CAMPIÓNS DAS OLIMPÍADAS:
Feminino: Forno
Masculino: Reguengo