Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- É unha actividade complementa á formación teórica e práctica que levan meses recibindo

- No Obradoiro Ulla-Umia III, que se clausurará a comezos de agosto, participan vinte persoas desempregadas

Lourizán

Valga, 5 de xullo de 2019.

O alumnado de forestais do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia III, acompañado polo experto docente desta especialidade, a titora e a directora, participou esta mañá en varias visitas formativas.

Achegáronse en primeiro lugar ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán, en Pontevedra. Durante a visita guiada pola finca, dunhas 52 hectáreas de superficie, puideron coñecer algunhas das especies coas que alí se traballa. O CIF de Lourizán foi pioneiro no desenvolvemento e posta en práctica de produtos e tecnoloxías forestais. Nos seus máis de 75 anos de historia desenvolveu multitude de proxectos en diferentes áreas da investigación forestal, convertíndose nun dos principais axentes dinamizadores e divulgadores do sector forestal en Galicia.

A continuación, cursaron outra visita á Estación Fitopatolóxica do Areeiro, que presta un servizo de asesoramento ao sector agrícola en relación ás pragas e enfermidades que afectan aos diferentes cultivos e sobre as medidas de protección e control para evitar perdas a consecuencia destes patóxenos. Outra das liñas de traballo desta estación é a recuperación de variedades autóctonas galegas.

Por último, os aprendices do Obradoiro visitaron un viveiro.

Estas visitas son complementarias á formación teórica e práctica que veñen recibindo dende hai meses os alumnos do Obradoiro de Emprego. Neste proxecto, compartido polos concellos de Valga e Moraña, participan vinte persoas desempregadas, dez na especialidade de albanelería e outras dez no módulo de forestais, co obxectivo de favorecer a súa inserción no mercado laboral.

Lourizan2 Lourizán3

Areeiro

Volver