Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A nova concesionaria abonará ao Concello un canon anual de 500 euros máis IVE

- O contrato asinado ten unha duración de dous anos, que poderán ser prorrogados ata un máximo de catro

auditorio2

Valga, 28 de xuño de 2019.

A cafetería do Auditorio Municipal retomou esta semana o servizo tras adxudicarse a súa explotación. A nova concesionaria, María José Amo Gómez, ofertou un canon anual de 500 euros máis IVE e contrato asinado ten unha duración de dous anos, que poderán ser prorrogados por unha ou máis anualidades sen que o total poida superar os catro anos.

Segundo establecía o prego de cláusulas administrativas polas que se rexeu o proceso de contratación, o servizo prestarase a risco e ventura do concesionario, retribuíndose cos ingresos que se deriven da explotación da cafetería. A elección da oferta máis ventaxosa entre as dúas que se presentaron atendeu a verios criterios: o maior canon ofertado, o proxecto de explotación (persoal, horarios e variedade de servizos prestados) e o o equipamento e mobiliario co que se dotará ao local, que conta cunha superficie de 150 metros cadrados.

Ademais da atención do servizo de cafetería, o concesionario deberá cumprir unha serie de esixencias, entre elas o mantemento, conservación e limpeza do Auditorio Municipal; a limpeza diaria da cafetería, así como do hall interior e exterior e as beirarrúas exteriores da entrada; e o equipamento dos aseos con xabón, papel hixiénico etc.

Volver