- Acondicionaranse oito tramos de estrada entre Campaña e Vilar
- A Consellería de Medio Rural concedeu unha subvención de 36.288 euros para este proxecto
Valga, 20 de xuño de 2019.
O Concello adxudicou á empresa Covsa a execución das obras de acondicionamento e pavimentación das estradas paralelas á vía do ferrocarril.
As obras de asfaltado levaranse a cabo nun total de oito tramos comprendidos entre Campaña e Vilar. Sete atópanse na marxe esquerda da vía do tren e o oitavo, na marxe dereita. En concreto, actuarase xunto á rotonda de acceso ao Punto Limpo, detrás das empresas Exlabesa e Extrugasa, nas zonas de Laxes e Carracido, no entronque coa praia fluvial de Vilarello e un último tramo comprendido entre Vilarello e Vilar.
Os traballos que se levarán a cabo consistirán na limpeza e fresado do firme e o posterior pavimentado con aglomerado en quente e para financialos o Concello conta cunha subvención de 36.288’24 euros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) da Consellería de Medio Rural.
Coa execución deste proxecto quedarán solventadas as carencias existentes nas estradas paralelas á vía do ferrocarril, que na actualidade presentan zonas deterioradas.