Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alumnado da Escola de Baile realizou varias coreografías e tamén houbo cancións en directo

- O Club Karate Valga ofreceu unha exhibición desta arte marcial

EiraVerán1

Valga, 19 de xuño de 2019.

A asociación cultural e xuvenil A Eira celebrou a pasada fin de semana no Auditorio Municipal o festival “Benvido o Verán”, con actuacións de baile e canto nas que os máis mozos foron os protagonistas.

O alumnado da Escola de Baile da asociación, que durante o ano asiste a clases co mestre Daniel Pintos, realizou varias coreografías grupais, mentras que Zelani Blanco, Rebeca Fernández, Lara e Lorena Álvarez e Irene Bermúdez cantaron en directo.

Nesta ocasión, o festival de A Eira tivo como convidados aos integrantes do Club Karate Valga, que realizaron unha exhibición desta arte marcial.

EiraVerán2 EiraVerán3

EiraVerán4 EiraVerán5

EiraVerán6 EiraVerán7

Volver