Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O taller estivo precedido dunha exhibición a cargo da Escola de Artes Marciais Club Roli

- O taller estivo precedido dunha exhibición a cargo da escola de artes marciais Roli

autoproteccion1

Valga, 14 de xuño de 2019.

Máis unha trintena de nenos de 6 anos de idade en diante participaron onte pola tarde no Auditorio Municipal no obradoiro de autoprotección organizado polo Concello en colaboración coa escola de artes marciais Roli, de Caldas. A instrutora foi Raquel Vila, 2º dan de Hapkido, actual campioa de España de Hapkido e subcampioa do mundo de defensa persoal.

A actividade comezou cunha exhibición a cargo do Clur Roli e, a continuación, os rapaces asistentes coñeceron e practicaron algunhas técnicas de autoprotección e defensa persoal adaptadas á súa idade e que lles poden ser útiles ante determinadas situacións de perigo que poidan experimentar en ámbitos coma o colexio.

Tratouse dun obradoiro de carácter educativo cuxo obxectivo foi proporcionar aos menores ferramentas preventivas e de protección ante posibles ameazas, así como técnicas sinxelas e intuitivas que poidan resultarlles útiles nesta etapa das súas vidas.

O obradoiro gratuíto foi organizado no marco do Programa de Prevención e Sensibilización do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

autoproteccion2 autoproteccion3

autoproteccion4

Volver