Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os aprendices adquiriron competencias para afrontar unha entrevista ou unha proba de selección

- O obxectivo é favorecer a inclusión dos alumnos no mercado de traballo

obraorientación1

Valga, 12 de xuño de 2019.

Os vinte alumnos do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia III, dez da especialidade de albanelería e outros dez de forestais, remataron esta semana a formación en orientación laboral. Trátase dunha formación complementaria aos oficios que están cursando no proxecto, con quince horas de duración e que tivo como culminación a elaboración dos currículos dos alumnos.

Nas sesións de orientación laboral os aprendices adquiriron distintas habilidades que lles facilitarán a súa inserción no mercado de traballo. Por exemplo, recibiron información sobre diferentes canais de búsqueda de emprego e tamén algunhas claves para afrontar unha entrevista de traballo ou probas de selección.

O obxectivo desta formación é que o alumnado adquira competencias profesionais e persoais que lle abran as portas do mercado laboral. En paralelo, a dirección do Obradoiro está tamén traballando na empregabilidade dos alumnos coa análise e búsqueda de diferentes opcións laborais vencelladas ás dúas especialidades de albanelería e forestais.

obraorientación2 obraorientación3

 

 

Volver