- As inscricións poden tramitarse ata o día 5 de xullo na Casa do Concello ou no Auditorio

- Os rapaces participarán en obradoiros, xogos e rutas de luns a venres polas mañás

escolaveran18

Valga, 11 de xuño de 2019.

O Concello de Valga organiza durante a época estival diversas actividades gratuítas para nenos e mozos co obxectivo de favorecer a conciliación familiar e laboral durante o período de vacacións.

A Escola de Verán, na que colaboran varias Concellerías e departamentos municipais, está aberta á participación de rapaces de entre 5 (que cumpran 6 en 2019) e 14 anos e que estean empadroados en Valga. As familias teñen de prazo ata o día 5 de xullo para tramitar a inscrición nas oficinas do Concello ou no Auditorio Municipal. A filla de inscrición tamén está a disposición dos interesados nos colexios e pode descargarse AQUÍ.

As actividades desenvolveranse de luns a venres de 10 a 13 horas a partir do día 15 de xullo.

Os nenos poderán divertirse e compartir experiencias durante todo o verán con actividades lúdicas e educativas como as rutas “Valga a pé”, contacontos, bibliotecas estivais, cineforum, cifras e letras, manualidades e xogos populares, de mesa e na rede.

Ademais, as familias teñen tamén como alternativa outras actividades de pago como patinaxe, tenis piraragüismo ou pintura, sobre as que poden informarse no Concello e no Auditorio.

cartelVERAN2

boton auditorio

boton casa cultura

boton codi

boton sede electronica

boton bandos

boton youtube largo

boton bella otero

boton rueiro

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver