- Mantense a mesma hora do espectáculo, as 18:00 h, e a entrada de balde para o público
- A programación do Auditorio para este mes inclúe un curso de dirección organizado pola Escola Municipal de Música e un concerto da Banda de Vilatuxe
O festival de inverno da asociación cultural e xuvenil “A Eira”, que estaba programado no Auditorio Municipal para o vindeiro 21 de xaneiro, aprázase ata o domingo 28. Mantense a mesma hora para o espectáculo, as seis da tarde, e tamén a entrada de balde para o público. Os integrantes deste colectivo interpretarán cancións e coreografías.
A programación do Auditorio para este mes de xaneiro inclúe tamén un curso de dirección organizado pola Escola Municipal de Música de Valga e impartido polos mestres Pere Molina González e Manuel Villar Touceda. Terá lugar entre os días 26 e 28 de xaneiro.
O sábado 27, ás 21 horas, continuará o ciclo “Música coas nosas bandas” cun concerto da Banda de Música de Vilatuxe, dirixida por Víctor Manuel Vilariño Salgado. A entrada será gratuíta para todos os asistentes.