Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Durante o verán impartirase un curso intensivo para nenos a partir de 3 anos

- A Escola deportiva de tenis tamén continúa coa actividade durante os meses de xullo e agosto

escpatinaxe4

Valga, 10 de xuño de 2019.

O pavillón municipal de Beiro acolleu na tarde do venres a clausura da Escola de Patinaxe, que contou neste curso con máis de 150 nenos e mozos. O número de inscritos volveu medrar un ano máis, o que reflicte a afección que a patinaxe artística esperta entre os rapaces valgueses.

Os patinadores ofreceron unha exhibición ante as súas familias e público en xeral, ao que amosaron as destrezas adquiridas durante os últimos meses con Olalla Pérez como profesora. Dende outubro de 2018 practicaron saltos e piruetas, aprenderon a realizar novas figuras e, nas últimas semanas, ensaiarion as coreografías que representaron o venres.

Unha vez rematada a exhibición, o alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros de Deportes e Educación, Manuel Ferreiro e Carmen Gómez, entregáronlles as medallas a todos os patinadores.

Nas vindeiras semanas esta escola deportiva retomará a súa actividade cun curso de verán que se prolongará durante os meses de xullo e agosto e no que poden participar nenos a partir de 3 anos de idade. As sesión desenvolveranse no pavillón de Beiro de luns a xoves en horario de 10:00 a 11:30 e de 11:30 a 13:00. Pódese asistir por meses ou por quincenas e elixir entre 2, 3 ou 4 días semanais.

As inscricións poden realizarse chamando ao teléfono 645 57 35 61.

Curso de tenis para nenos e adultos

Tamén a Escola Municipal de Tenis mantén a súa actividade durante o verán con cursos infantil e para adultos.

As clases dirixidas a nenos, tanto de iniciación como de perfeccionamento, a partir de 7 anos de idade impartiranse os venres e os sábados en dous horarios, ás 11:30 e ás 12:30. O prezo é de 40 euros por dous días á semana ou 24 euros por un día a semana. Só hai que realizar o pago dunha matrícula, sen mensualidades.

No tocante aos adultos, as sesións desenvolveranse os luns e os mércores e os novos inscritos recibirán de regalo unha raqueta co pago do primeiro trimestre.

Para inscribirse ou solicitar máis información hai que chamar ao número de teléfono 691 20 32 43.

escpatinaxe1 escpatinaxe2

escpatinaxe3 escpatinaxe5

escpatinaxe6 escpatinaxe7

escpatinaxe8 

Volver