- Terá lugar na explanada da Candieira entre as 16 e as 18 horas e é precisa inscrición previa
- O instrutor Julio Oliveira practicará con eles técnicas de defensa persoal e métodos para evitar agresións
Valga, 8 de xuño de 2019.
A explanada da Candieira –detrás do Auditorio Municipal– será escenario o vindeiro xoves, 13 de xuño, un obradoiro de autoprotección para nenos a partir de 6 anos de idade. Desenvolverase entre as 16 e as 18 horas e para participar é preciso inscribirse con anterioridade nas oficinas do Concello ou no Auditorio.
A actividade incluirá unha exhibición a cargo de Julio Oliveira, instrutor da Escola de Artes Marciais Club Roli de Caldas de Reis e 5º dan de Hapkido, e tamén a posta en práctica por parte dos rapaces de varias técnicas de defensa persoal adaptadas á súa idade e orientadas a evitar calquera tipo de agresión e a zafarse en caso de que os aborden.
Trátase dunha actividade educativa para que os nenos adquiran ferramentas preventivas e de autodefensa ante posibles ameazas, aprendan a reaccionar de forma axeitada e saiban poñer en práctica técnicas sinxelas e intuitivas que poidan resultarlles útiles.
O obradoiro é gratuíto e organízase no marco do Programa de Prevención e Sensibilización do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
En caso de chuvia a actividade realizarase dentro do Auditorio Municipal.