- O festexo, que cumple a súa décimo cuarta edición, celebrarase na fin de semana do 6 e o 7 de xullo
- Manteranse as actividades con maior participación, como as Olimpíadas da Aldea e a solta de vaquiñas
Valga, 7 de xuño de 2019.
O equipo de goberno reuniu onte na Casa do Concello a un grupo de persoas que nos últimos anos veñen colaborando activamente na organización da Festa da Xuventude para impulsar os preparativos de cara a vindeira edición, a número catorce, que se celebrará na fin de semana do 6 e o 7 de xullo.
O programa de actividades manterá as iniciativas de máis éxito e que contan con maior participación por parte da veciñanza. É o caso das Olimpíadas da Aldea, para as que se abrirá o prazo de inscrición nas vindeiras semanas, ou a solta de vaquiñas, para a que xa están tramitándose os permisos necesarios.
Nas vindeiras semanas celebraranse novas reunións para acelerar o deseño da programación e a organización de todas as iniciativas culturais e festivas.