Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O Cordeiro prebenxamín disputou a final, que se resolveu na tanda de penaltis

- As competicións continúan os días 8 e 9 de xuño coas categorías infantil e cadete

TorneoPreb

Valga, 4 de xuño de 2019.

O campo municipal de Baño acolleu na fin de semana as competeicións de categoría prebenxamín e alevín do Torneo de Fútbol Base organizado polo Cordeiro C.F., que cumpre a súa quinta edición.

O sábado dispotouse a competición de categoría alevín, con dezaseis equipos participantes. Na fase final o gañador foi o Ulla C.F., o Pontevedra C.F. foi subcampeón e o terceiro e cuarto postos foron para o Caldas C.F. e o C.C.D. Taragoña.

Na fase de consolación impúxose o Céltiga F.C., que gañou a final ante o Catoira S.D. O E.F.M. Boiro foi terceiro e o Vilagarcía S.D., cuarto.

Na xornada do domingo xogáronse os encontros de categoría prebenxamín, tamén con dezaseis equipos participantes. O vencedor foi o Pontevedra C.F., que disputou a final co equipo local, Cordeiro C.F. O partido rematou con empate a dous goles e o campión tivo que dirimirse na tanda de penaltis. En terceiro lugar clasificouse o Arosa S.C. e cuarto foi o C.D. Conxo Santiago.

Na fase de consolación impúxose a S.D. Esclavitud, que lle gañou ao Ulla C.F. na final. O C.D. Sar foi terceiro e o Atlético Cuntis, cuarto.

O concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro, participou na entrega dos trofeos e medallas aos mellores equipos.

Os torneos de fútbol base organizados polo Cordeiro C.F. continúan a vindeira fin de semana coas categorías infantil, que se disputa o sábado, e cadete o domingo.

TorneoPreb1 TorneoPreb2

TorneoPreb3 TorneoPreb4

TorneoPreb5 TorneoAlevin

Volver