Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- María José Cruces García, licenciada en Dereito, obtivo a puntuación máis alta na oposición

- As súas funcións incluirán a tramitación de expedientes, entre outros traballos administrativos

técnicaadmon1

Valga, 3 de xuño de 2019.

O Concello de Valga incorpora ao seu cadro de persoal a unha técnica de administración xeral.

María José Cruces García obtivo a máxima puntuación no proceso selectivo convocado polo Concello e que seguiu o sistema de oposición. Natural de Padrón, é licenciada en Dereito e a súa actividade profesional estivo centrada na avogacía durante a última década.

A nova traballadora municipal tomou esta mañá posesión do seu posto e xurou cumpir coas obrigas do mesmo en presenza do alcalde, José María Bello Maneiro, e do secretario municipal, Juan Manuel Salguero del Valle.

Trátase dunha contratación con carácter interino que obedece á necesidade e urxencia que ten o Concello de Valga en cubrir postos con persoal que desempeñe funcións propias de funcionarios de carreira para unha maior axilidade e eficiencia no traballo administrativo cotiá.

técnicaadmon2

Volver