Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A instalación actual sufriu unha avaría irreparable e cambiarase por unha nova bomba de calor

- O alcalde destaca a “sensibilidade” que a Xunta está tendo co centro para persoas con discapacidade

codi

Valga, 24 de maio de 2019.

A Xunta de Galicia vén de comunicar ao Concello a concesión dunha nova subvención, neste caso da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Trátase dunha axuda do Fondo de Compensación Ambiental que ascende a 29.999’88 euros, que se investirán na substitución e mellora do sistema de climatización do Centro Ocupacional para persoas con Discapacidade (CODI).

A instalación de climatización coa que conta este edificio está a xerar, nos últimos tempos, unha serie de problemas derivados do seu mal funcionamento. Trátase dunha instalación aire-aire, que non é o sistema máis axeitado para a tipoloxía do inmoble e, ademais, rexistrouse unha avaría na máquina principal que fai inviable a súa reparación, dado que dita máquina se atopa descatalogada. Estas circunstancias merman o servizo que alí se ofrece aos usuarios do propio CODI e tamén aos do Centro de Información á Muller (CIM), un servizo gratuíto que se presta no mesmo edificio.

O proxecto subvencionado polo Fondo de Compensación Ambiental contempla a substitución da máquina principal da instalación de climatización e a colocación dunha nova bomba de calor aire-agua, un sistema máis eficiente e sustentable.

O alcalde, José María Bello Maneiro, destaca tras recibir esta axuda “a sensibilidade e a atención que a Xunta de Galicia está tendoco CODI, concedendo subvencións para mellorar as súas instalacións e para o desenvolvemento da súa actividade habitual. Todo o contrario que a Deputación de Pontevedra, que lle retirou todas as axudas ao centro de atención a persoas con discapacidade”.

Volver