- Celebraron o Día das Letras Galegas e lembraron a Antón Fraguas repasando a súa biografía e algunhas das súas oras

- O alumnado do CRA de Valga asistiu no Auditorio a unha sesión de contacontos

linguaIES1

Valga, 16 de maio de 2019.

Estudantes e profesorado de tres centros educativos de Valga participaron esta mañá na novena edición da Carreira pola Lingua, que anualmente organiza o instituto coa colaboración do Concello de Valga. Xunto aos alumnos de ESO, Bacharelato e Ciclos do IES correron tamén polo galego escolares de 5º e 6º de Primaria dos colexios de Baño e Ferro Couselo, así como algúns dos seus mestres.

Antes de colocarse na liña de saída tivo lugar un acto de lembranza do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Antón Fraguas, coa lectura de fragmentos dalgunhas das súas obras e o repaso da súa biografía, destacando pasaxes coma o seu casamento coa valguesa Teresa Martínez na igrexa parroquial de Santa María de Xanza, sobre a que despois o autor realizou un traballo de investigación.

A carreira, con saída dende o IES, discorreu pola Avenida Bella Otero, A Bouza, Outeiro, Senín, Sixto, Carballiño, Baño e regreso ao punto de partida. Establecéronse dous percorridos, un máis curto para os rapaces de Primaria, e outro de case sete quilómetros para os maiores. A Policía Municipal, voluntarios de Protección Civil e o GES, axudados tamén por estudantes e profesores, estableceron un dispositivo de seguridade e control do tráfico para que a carreira transcurrira sen incidentes.

Na categoría feminina de Educación Primaria as gañadoras foron, de primeiro a terceiro posto, Nerea Novo Romero, Lía Rodríguez Santiago e Ana Castroagudín Troáns. En categoría masculina o campión foi Roberto Pérez Cicón, seguido de Samuel González Temperán e Hugo Vázquez Mato.

En canto aos corredores do IES de Valga, en categoría masculina, o podio quedou composto por Adrián Touceda García, Iván Touceda Diz e Iván Longo Padín. En categoría feminina a gañadora foi Aroa García García, Noa Guerra Lestido chegou segunda e en terceiro lugar entrou na meta Laura Ríos Velo.

Por último, en maiores de 18 anos o podio feminino quedou integrado por Mar Tejero Tercero, Julia Sainz e Teresa Sumay. En categoría masculina os tres primeiros foron Daniel Loureiro, José María Barca e David Ferradás.

Os gañadores recibiron as medallas nun acto posterior á carreira celebrado no patio exterior do instituto. A xornada de festa rematou coas actuacións de Isabel Catoira, Soralla e Carmen Varela, Zelani Blanco e A Banda de Balbina.

linguaIES2 linguaIES4

 linguaIES6 linguaIES7

linguaIES8 linguaIES9

linguaIES10

Sesión de contos no Auditorio

Mentras no IES se desenvolvía esta actividade cultural e deportiva, no Auditorio Municipal déronse cita os rapaces das escolas unitarias do CRA e outra parte do alumnado dos colexios de Baño e Cordeiro para asistir a unha sesión de contacontos.

Proxectáronse primeiro vídeos protagonizados polos estudantes dos distintos centros que, a continuación, escoitaron varias historias e contos en galego.

contacontosCRA

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver