Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os condutores deben circular con precaución pola estrada de Baño e arredores ante a posible presenza de rapaces na calzada

- A actividade desenvolverase entre as 10:30 e as 12:30 horas

Carreiraa1

Valga, 14 de maio de 2019.

A Policía Municipal e máis a agrupación de voluntarios de Protección Civil teñen establecido para este xoves, 16 de maio, un dispositivo de seguridade e control do tráfico na zona de Baño e arredores con motivo da celebración da Carreira pola Lingua, unha actividade que organiza anualmente o IES de Valga para conmemorar o Día das Letras Galegas e na que participa tamén alumnado dos colexios Baño-Xanza e Xesús Ferro Couselo.

Hai establecidos dous percorridos. O máis curto, que realizarán os alumnos de Educación Primaria, partirá do IES e continuará pola Escola Infantil, Avenida Bella Otero, A Bouza, Carballiño, Baño e regreso ao instituto. Os maiores e os profesores cubrirán un traxecto máis longo tamén con saída dende o IES e que pasará pola Escola Infantil, Avenida Bella Otero, A Bouza, Outeiro, Senín, Sixto, Carballiño, Baño e regreso ao punto de partida.

Durante un tempo aproximado de dúas horas, entre as 10:30 e as 12:30, pídese aos condutores que circulen por estas zonas que extremen as precaucións ante a posible presenza de rapaces na calzada. Os cruces máis conflitivos contarán con presencia de Protección Civil, que mobilizará a catro voluntarios, e no resto de interseccións serán alumnos do propio IES os que vixilen que todo transcurra sen incidentes.

plano carreira lingua 19

Volver