Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O Grupo de Emerxencias dispón agora de cinco traxes para a retirada e niños desta especie

- O novo material foi solicitado polo Concello ante a Vicepresidencia da Xunta de Galicia

traxesvelutina2

Valga, 8 de maio de 2019.

O concelleiro de Seguridade, José Lagos Aboy, fixo entrega ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de novos traxes para a loita contra a vespa velutina. En concreto, entregou dous equipos de protección ao GES e outros dous a Protección Civil.

O GES xa dispoñía con anterioridade doutros tres traxes, polo que agora son un total de cinco os equipos protectores cos que conta para acometer traballos de retirada de niños desta especie.

A consecución do novo material foi xestionada polo Concello de Valga ante a Axencia Galega de Emerxencias (Axega), dependente da Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

traxesvelutina1

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver