Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañou aos participantes durante a comida no pavillón de Beiro

- O alcalde entregoulles un agallaso aos asistentes de máis idade: María Bouzas, de 102 anos, e Jesús Busto, de 89

maiores19 4

Valga, 6 de maio de 2019.

Unhas catrocentas cincuenta persoas participaron onte domingo na XXIII edición do Encontro cos Nosos Maiores, unha celebración coa que o Concello homenaxea á poboación máis veterana da vila.

A xornada trascurreu nun ambiente festivo e tivo como primeiro acto unha misa no Auditorio Municipal oficiada polo párroco de Setecoros, Paulino Sánchez Rodríguez, e á que asistiron, ademáis de numerosos veciños, o goberno municipal encabezado polo rexedor, José María Bello Maneiro, e tamén o ex alcalde de Valga Daniel Barreiro Ramos. A Coral Polifónica Santa Comba, dirixida por Manuel López Castro, actuou durante o acto relixioso.

A festa trasladouse a continuación ao pavillón municipal, onde se incorporaron a conselleira de Política Social da Xunta de Galicia, Fabiola García, e máis o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado. Os comensais degustaron un menú elaborado por personal municipal coa axuda dun grupo de veciños e que constou de empanada, salpicón, polbo á feira, carne de tenreira e de cordeiro. De postre serviuse brazo de xitano.

Xa na sobremesa, o alcalde entregou un agasallo ás persoas de maior idade que asistiron á festa e que foron Jesús Busto Guillán, veciño de Moldes (Cordeiro) e de 89 anos, e María Bouzas Senín, de Cerneira (Setecoros) e 102 anos. O vindeiro 8 de xullo cumprirá 103.

Durante a tarde sorteáronse numerosos agasallos donados por casas comerciais da zona e a, a continuación, houbo baile amenizado polo dúo Caché.

maiores19 1 maiores19 2

maiores19 3 maiores19 4

maiores19 5 maiores19 6

maiores19 7 maiores19 8

maiores19 9 maiores19 10

maiores19 11 maiores19 12

maiores19 13 maiores19 14

maiores19 15 maiores19 16

maiores19 17 maiores19 18

Volver